Non obstante, quedou
en evidencia que a Constitución ten
deficiencias, e faise necesario que os partidos comecen a pensar en emendas serias
e rigorosas que dinamicen a orde constitucional, para así permitir lexislar vías
que faciliten a saída –dentro dos marcos dun mandato incontestable– daqueles que
non queiran estar. Os que non queren estar sempre sobran. E sobran porque rematan
sendo unha carga: infunde inestabilidade e inseguridade xurídica, son unha disuasión
ao investimento e ao desenvolvemento, e exercen influencias nocivas sobre o
civismo a solidariedade e a cultura. E aínda peor, a fatal dun marco legal onde
airear o sentimento separatista alimenta a insidia a infamia e a calumnia. Non
hai furto máis danoso ca privar a unha sociedade do dereito fundamental á
verdade. Non hai veleno máis destructivo ca aquel que contamina á verdade e
deshumaniza o alleo. Os debates secesionistas necesitan dun ámbito xurídico ético, moral e honesto, onde
se librar. A verdade foi –é– a primeira víctima do separatismo catalán.
O separatismo
catalán non traballa en prol dunha reforma constitucional que recolla os seus
reclamos porque cada día está máis claro que para o eles isto é unha guerra, e
en tódalas guerras a mentira e maila calumnia
son armas autorizadas, normalizadas e aínda dignificadas. Cando unha destas armas
perde forza destructiva "Espanya
ens roba" axiña se incorporan as innovacións necesarias para manterlle
a puxanza e capacidade destructiva; velaí ese “España nos corrompe”. Compleméntanse
estas armas de destrucción co acoso á lexitimidade do Tribunal Constitucional (antíteses
de reforma constitucional): indispensable descualificar as institucións máis emblemáticas do inimigo. Deslexitimado o TC,
ou sexa, unha vez aceptada a calumnia como arma normalizada e dignificada, o
paso da calumnia á deshumanización é
inevitable, e de aí á demonización pouco queda. O “adversario” pasa a ser
inimigo; a veciñanza inquisitiva ou opositora, apóstatas. O apóstata hai que silencialo,
afogalo. O inimigo hai que destruílo. Pero quede claro, para destruílo é
absolutamente necesario deshumanizalo e demonizalo, e ao tempo dignificar a
barbarie. Precedentes?, a feixes. “Yo no he asesinado a nadie, yo he ejecutado.
No me arrepiento”, Josu Zabarte, O
carniceiro de Mondragón. Esta é a nova moral do nacionalismo catalán. Esta nova Cataluña, fonte de difamación, xestada
en trinta anos de odio corrupción e fins
de semana en Andorra, sobra. O mellor, para todos, sería habilitarnos cos
instrumentos legais que facilitase a saída dos que verdadeiramente se queiran
ir. Pero tamén garantir –sen reparos e ata as últimas consecuencias–, o irrenunciable
dereito á verdade.
Pero como a
mentira como arma de destrucción masiva vén con data de caducidade, córrelle présa
amosar a súa forza antes de que se desactive a súa capacidade destructiva. Para
detonala con eficacia e efectividade é necesaria a atención do mundo e ante
este prostrarse como víctimas do Estado represor. Mais o mundo está
ao borde de eventos cataclísmicos onde as megalomanías duns insignificantes
dunha esquina da Iberia pronto han ser eclipsadas por outras realidades máis apremantes.
Logo, aquí estamos, entre as calumnias duns e as intransixencias doutros, cunha
Constitución mellorable, enlouquecidos nunha incompresible carreira camiño da autodestrucción,
perante un cada vez máis indiferente orbe que nos mira con toda a moita
repugnancia que nunca é tanta como a merecida, sementando odio por tódalas
esquinas da nosa xeografía coa esperanza de que nalgunha prenda o xoio. E conste, a palabra “violencia” xa saíu da boca do propio Mas.