skip to main | skip to sidebar

Crónicas do esborralle dun camiño

Escribo dende lonxe, no espazo; no tempo e no sentir endexamais de Galicia saín. Vivo en Nova Jersey dende unhas semanas antes de ter rabuñados os 17 anos. Xa van alá feixes de anos. Pasaron moitas cousas, houbo esquezos e memorias; destas, algunha fixéronse indelebles: as que en Galicia tiveron seu berce. E acudo a este medio para rescatar do esquezo os artigos que levo escrito acerca das aldraxes que leva sufrindo a nosa fala. E aínda tamén dúas ou tres lerias máis.

Tuesday, November 15, 2011

A fuxida de Quintana ou o liderado do BNG

Quintana vaise, ou foise. E foise na acertada compañía do silencio, como é de esperar dunha persoa sensata e prudente. Non se albisca resentimento por ningures, non houbo chamados á "depuración" daqueles que puideran ter ideas diferentes. Velaí reafirmada a sensatez e prudencia e exaltada a dignidade. A dignidade sempre vai mellor coas modestas indumentarias, nas elocuencias do silencio cando este é chamado a facer as funcións de fala. Non todo precisa de ser gritado. Nun ámbito político, tal o noso, cunha notable urticaria á democracia que imposibilita o desenvolvemento de primarias limpas e transparentes, o retorno de Quintana amósaseme moi improbable, a capacidade de mobilización e rexeneración democrática dos que quedan, inerme...
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 8:13 PM No comments:

Friday, August 26, 2011

UPG ou a identidade propia do BNG

Que a Unión do Povo Galego (UPG) é o partido hexemónico do BNG é indiscutible. Partido comunista e patriota, así é como se define. E aínda cando os partidos comunistas son elementos fundamentais e esenciais dos sistemas democráticos, é imprescindible preguntarse se, na realidade practica, hai en Galicia unha maioría social – transversal - que nun momento dado se preste a apoiar co seu voto un proxecto de goberno de perfil comunista, na esencia ou na aparencia... 
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 6:50 PM No comments:

Tuesday, August 2, 2011

BNG, presidencialismo e liderado

Non abrigo dúbidas que aínda ha chover, a cántaros, antes das próximas autonómicas. As xerais, que xa están aí, será mellor dalas por perdidas; aínda cando en política unha semana é un mundo de tempo, tres meses, unha distancia incalculable, mellor dalas por perdidas e aforrarse as frustracións…
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 5:21 AM No comments:

Sunday, July 17, 2011

Galicia Hoxe ou a nosa identidade

Nós, os que atopamos na lingua un dos alicerces centrais da nosa identidade, non necesitamos de valoracións cuantificables, de se a lingua é usada por catrocentos millóns ou por catrocentos mil, é un dos soportes centrais da identidade cultural do pobo galego, todo o demais é relativo. 
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 6:29 AM No comments:

Saturday, May 21, 2011

A fala somos Nós

Día das Letras, efeméride designada para recoñecer e exaltar aos que na nosa lingua embocaron o mellor das súas colleitas.
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 9:07 AM No comments:

Friday, May 13, 2011

Misantropías e alleismos

Hai cousas que son incribles. Entre elas claro que non conto que una persoa de talla un día calquera poida dicir una burrada; iso máis ben amósaseme una coherencia inapelable, e aínda tamén desexable.
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 1:36 PM No comments:

Saturday, April 23, 2011

Sobre as tradicións e identidade

(Con motivo da Semana Santa presento este vello artigo –reflexión- que para a Semana Santa foi escrito, e só pode ser repetido) ...
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 8:40 AM No comments:

Tuesday, April 12, 2011

A revolta dos animais

Neste algures onde eu vivo, a sátira de George Orwell, Animal Farm (coñecida e galego como A revolta dos animais ou A granxa dos animais), téñena como lectura axeitada para o estimulo de mentes adolescentes, observación que abrangue tódalas miñas simpatías...
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 6:01 AM No comments:

Monday, February 28, 2011

Ourense, un pozo de corrupción

A Deputación de Ourense, ou sexa, Baltar, vén de aprobar as listas definitivas de admitidos e excluídos a concurso de selección de persoal para a Deputación...
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 5:57 AM No comments:

Sunday, February 13, 2011

O caso de Touriñán

Antes de me queimar no tema Touriñán - porque iso de me queimar, descartado - vou cunha anécdota de algo que lle aconteceu ao finado de Edward Kennedy...
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 8:42 AM No comments:
Newer Posts Older Posts Home
Subscribe to: Posts (Atom)

Ligazóns

  • Galicia Confidencial
  • Galicia Hoxe
  • culturagalega.org
  • Vieiros

Pages

  • Home

Followers

Blog Archive

  • ►  2009 (14)
    • ►  November (11)
    • ►  December (3)
  • ►  2010 (12)
    • ►  January (1)
    • ►  February (3)
    • ►  March (1)
    • ►  April (1)
    • ►  June (2)
    • ►  July (1)
    • ►  September (1)
    • ►  October (1)
    • ►  December (1)
  • ▼  2011 (10)
    • ►  February (2)
      • O caso de Touriñán
      • Ourense, un pozo de corrupción
    • ►  April (2)
      • A revolta dos animais
      • Sobre as tradicións e identidade
    • ►  May (2)
      • Misantropías e alleismos
      • A fala somos Nós
    • ►  July (1)
      • Galicia Hoxe ou a nosa identidade
    • ►  August (2)
      • BNG, presidencialismo e liderado
      • UPG ou a identidade propia do BNG
    • ▼  November (1)
      • A fuxida de Quintana ou o liderado do BNG
  • ►  2012 (7)
    • ►  February (1)
    • ►  April (1)
    • ►  May (1)
    • ►  September (1)
    • ►  October (1)
    • ►  November (1)
    • ►  December (1)
  • ►  2013 (2)
    • ►  June (1)
    • ►  December (1)
  • ►  2014 (5)
    • ►  January (1)
    • ►  April (1)
    • ►  June (1)
    • ►  July (1)
    • ►  October (1)

About Me

My photo
Xoán G. Vázquez Sanlés
Eu, en breve: Vin ao mundo o 1 de xaneiro do 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son, na época das corredoiras sementeiras e mallas, ao carón do río Sieira –cando aínda era troiteiro -, na faldra do Barbanza. Na pía bautismal asignáronme de nome Juan Gregorio. Chegado o momento da verdade, e se eu tiver que responder a pregunte de quén eu son, o primeiro que se pousa nos beizos e máis no latexar do corazón é Xoán de Vázquez do Zapatal. Nunca outra identidade procurei nin a ningún outro anaco de mundo pertencer optei. E existo no ningures da emigración, onde caín de rapaz, cando o mundo aínda era grande, os 17 anos aínda por rabuñar: Velaí a condición inmanente e impertérrita da aldea do Zapatal, áncora inamovible da miña existencia, pois ningures non existe na realidade definible, e eu si. Seino, ¡certo! Recórdamo, tódolos días, esa suave doce dor que habita na recorrente melancolía.
View my complete profile