skip to main | skip to sidebar

Crónicas do esborralle dun camiño

Escribo dende lonxe, no espazo; no tempo e no sentir endexamais de Galicia saín. Vivo en Nova Jersey dende unhas semanas antes de ter rabuñados os 17 anos. Xa van alá feixes de anos. Pasaron moitas cousas, houbo esquezos e memorias; destas, algunha fixéronse indelebles: as que en Galicia tiveron seu berce. E acudo a este medio para rescatar do esquezo os artigos que levo escrito acerca das aldraxes que leva sufrindo a nosa fala. E aínda tamén dúas ou tres lerias máis.

Monday, September 24, 2012

Dereito a decidir

Falar de aplicar o artigo 155 da Constitución nun contexto catalán, galego ou vasco, é un despropósito. Dito artigo debese ter moi presente de xurdir un disparate nalgunha das rexións. Iso é indiscutible. Mais non debera ter validez constitucional nas relacións do Estado con Galicia, Cataluña, ou Euskadi, comunidades singulares que xa non rexións de descentralización administrativa. Ata aí, cen por cen cos secesionistas
Posted by Xoán G. Vázquez Sanlés at 9:29 AM

No comments:

Post a Comment

Newer Post Older Post Home
Subscribe to: Post Comments (Atom)

Ligazóns

  • Galicia Confidencial
  • Galicia Hoxe
  • culturagalega.org
  • Vieiros

Pages

  • Home

Followers

Blog Archive

  • ►  2009 (14)
    • ►  November (11)
    • ►  December (3)
  • ►  2010 (12)
    • ►  January (1)
    • ►  February (3)
    • ►  March (1)
    • ►  April (1)
    • ►  June (2)
    • ►  July (1)
    • ►  September (1)
    • ►  October (1)
    • ►  December (1)
  • ►  2011 (10)
    • ►  February (2)
    • ►  April (2)
    • ►  May (2)
    • ►  July (1)
    • ►  August (2)
    • ►  November (1)
  • ▼  2012 (7)
    • ►  February (1)
    • ►  April (1)
    • ►  May (1)
    • ▼  September (1)
      • Dereito a decidir
    • ►  October (1)
    • ►  November (1)
    • ►  December (1)
  • ►  2013 (2)
    • ►  June (1)
    • ►  December (1)
  • ►  2014 (5)
    • ►  January (1)
    • ►  April (1)
    • ►  June (1)
    • ►  July (1)
    • ►  October (1)

About Me

My photo
Xoán G. Vázquez Sanlés
Eu, en breve: Vin ao mundo o 1 de xaneiro do 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son, na época das corredoiras sementeiras e mallas, ao carón do río Sieira –cando aínda era troiteiro -, na faldra do Barbanza. Na pía bautismal asignáronme de nome Juan Gregorio. Chegado o momento da verdade, e se eu tiver que responder a pregunte de quén eu son, o primeiro que se pousa nos beizos e máis no latexar do corazón é Xoán de Vázquez do Zapatal. Nunca outra identidade procurei nin a ningún outro anaco de mundo pertencer optei. E existo no ningures da emigración, onde caín de rapaz, cando o mundo aínda era grande, os 17 anos aínda por rabuñar: Velaí a condición inmanente e impertérrita da aldea do Zapatal, áncora inamovible da miña existencia, pois ningures non existe na realidade definible, e eu si. Seino, ¡certo! Recórdamo, tódolos días, esa suave doce dor que habita na recorrente melancolía.
View my complete profile