Monday, November 9, 2009

Se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola lingua

É nos momentos de fortaleza cando os grande lideres máis se afastan da demagoxia e da soberbia, para erguerse e mergullarse na serenidade e así enfrontar os problemas máis acuciantes. Non hai dúbida que o presidente Nuñez Feijóo se atopa nun momento de notable fortaleza: ganou, contra pronóstico, as autonómicas, e nas europeas (mérito del ou non) en Galicia o seu partido arrasou. E é nos momentos de fortaleza cando os temas máis controvertidos deben ser abordados, para así deixar constancia que as decisións tomadas non son producto de sentir o coiro das botas dos grupos de influencia apertando no pescozo. Deixar constancia que son decisións sopesadas, solidarias, e pensadas para perdurar. E é en momentos coma estes cando o presidente podía abordar, con honradez e honorabilidade, o tema do galego no ensino. Mais iso, claro, se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola fala, que non quer.

Se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola lingua, que non quer, e ao tempo atender as promesas electorais, que certamente as debe atender, deixaríase de gastar os cartos dos contribuíntes en mandarlle papeliños aos pais con fillos en idade escolar e restauraría os acordos consensuados na era Fraga: aquilo do 50% en cada fala, e misión cumprida. Aquel acordo, consensuado, era un bo acordo. Era un bo acordo porque sentaba a súa lexitimidade na realidade social de Galicia, que, nun contexto lingüistico, está abondosamente claro non quere prescindir de ningunha das dúas falas.

Aquel acordo necesitaba e necesita dun novo consenso: impecable firmeza no que atinxe ao seu cumprimento. E se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola lingua, que non quer, faría unha visita (que non necesariamente presencial) á RAG para informarse e mergullarse na Normativa e proxectar á RAG como única autoridade no que respecta á gobernación da fala. Asemade, daría instruccións ás Consellerías pertinentes que, en comunicación constante coa RAG, desenvolveran un programa de inspección escolar cuxo propósito sería asegurarse que a docencia en lingua galega tivera o mesmo rigor que se lle reserva ao castelán. Explícome: Calquera docente deses que pensa que foron tocados pola man de Deus e que pensan que están por encima da lei, que inventen ou importen normas alleas á realidade social expresada pola RAG e recoñecida pola ordenación xurídica de Galicia, despedilos, sen previo aviso e con perda total de tódolos dereitos acumulados (ou mellor dito, usurpados), e mesmo presentarlle cargos por estafa e fraude á sociedade. A violación do contracto social non pode ser unha cuestión menor. O galego é unha lingua sería, unha lingua seria tratada como un farrapo calquera, incluso por moitos dos que din defendela. E como lingua seria, que o é, a súa ensinanza (correcta) é algo irrenunciable, e iso implica adherirse á Normativa, sendo esta a manifestación máis aproximada á realidade da fala viva.

Cumprir co acordo do 50% con rigor e respecto é o máis aproximado á vontade colectiva do pobo galego. Para saber iso non é necesario manchar o correo das familias galegas con demagoxias disfrazadas de democracia; mais iso, claro, se Nuñez Feijóo quixera facer algo pola fala, que non quer.

2 comments:

  1. Um artigo infame e infamante contra os que defendemos a nossa Língua e a nossa Cultura. Lembre de tirar polo autoclismo ao escrever cousas destas

    ReplyDelete
  2. I told you not to kick up to Feijoo, Johny. Next time, there'll be no next time ...
    http://www.youtube.com/watch?v=hTsqiNSlsPQ

    Phillip Leotardo

    ReplyDelete